Organization & history: I MEF & 1st Marine Division

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo

Organization & history: I MEF & 1st Marine Division

Mensaje  Gherri el Mar Ene 22, 2013 12:55 am


I MARINE EXPEDITIONARY FORCE
A Marine Expeditionary Force (I MEF) é unha Marine Air Ground Task Force (MAGTF) do USMC. Está composta pola 1st Marine Division, a 3rd Marine Combat Wing e o 1st Logistics Marine Group . É unha forza de combate autónoma, que está a disposición do Corpo para emerxencias ou conflitos bélicos.
Organización da I MEF
Spoiler:




1st MARINE DIVISION
A 1st Marine Division é unha división de infanteria do USMC con sé no Camp Pendleton, California. Tratase dunha unidade subordinada da I MEF.
É a división mais antiga e de maior servizo en activo no Corpo, representando unha forza lista para o combate de mais de 19.000 homes e mulleres. É unha das tres divisións edeservizo en activo no Corpo hoxe en dia. Apodada “The old breed”.

• Misión
A división é empleada como elemento de combate terrestre (CME) da Forza Expedicionaria da Marina. A Marine Division debe ser capaz de proporcionar capacidade anfibia á Naval Expeditionary Force (NEF) e levar a cabo as operacións posteriores en terra en calquera entorno operativo.

• Organización
Estrutura da 1st Marine Division:
-1st Marine Regiment
-5th Marine Regiment
-7th Marine Regiment
-11th Marine Regiment
-1st Armored Battalion
-1st Recon Battalion
-1st Recon Armored Battalion
-1st Combat Engineer Battalion
-3rd Amphibious Assault Battalion

• Historia
Os rexementos da división existian no 8 de marzo de 1911, cando o 1st Marine Regiment foi formado na baia de Guantánamo, Cuba. O 5th Marine Regiment foi creado en Veracruz, México, o 13 de xullo de 1914 e participou en 15 compormisos importantes durante a Primeira Guerra Mundial, incluiendo Belleau Wood, Thierry Chateau e St. Mihiel. O 7 de agosto de 1917, o 7th Marine Regiment foi activado en Philadelphia, Pennsylvania, e pasou toda a Guerra en cuba, desaparecendo despois desta. O 11th Marine Regiment formouse en xaneiro do 1918, en Quantico, Virxinia, como un rexemente de artillaría lixeira. Foi a Francia como unha unidade de infanteria, proporcionando unha compañía de ametralladoras e unha compañía de guardia. Desarmado e reactivado duas veces entre as duas guerras mundiais, o rexemento doi reformado en 1940 como unha unidade de artillaría.
Na II Guerra Mundial, a 1st Marine Division foi activada a bordo do USS Texas o 1 de febreiro de 1941. Foi a primeira en desembarcar na illa de Guadalcanal o 7 de agosto de 1942. As seguintes operacións serian as campañas no leste de Nova Guinea e Nova Bretaña. A próxima batalla da 1st Marine Division sera dura loita na illa de Peleliu. A campaña final será a de Okinawa. Despois da rendición de Xapón, foi enviada ao norte de China como elemento principal de combate do III Corpo Anfibio ca misión principal da repatriación de mais de 650.000 soldados e civís xaponeses residentes nesa parte de China.
Antes da Guerra de Corea, a división só posuía a forza dun rexemento reforzado. A división trasladose a Corea, e “ármase” no campo de batalla para participar no asalto anfibio en Inchon baixo as ordes do xeneral MacArthur. Despregándose con tanta presa, que inda lle falta o seu tercer rexemento, e executando un asalto anfibio nunha das peores condicións as que se enfrontaran nunca. A partir de 1951, a 1st Marine Division foi parte da "Guerra de Posicións". Continuando até o armisticio que entrou en vigor o 27 de xullo de 1953.
En 1965, o 7th Marine Regiment participou nas operacións Starlite e Piraña, os primeiros compromisos importantes para as tropas terrestres estadounidenses en Vietnam do Sur. En xuño de 1966, a 1st Marine Division foi destinada ao Sur de Vietnam. Durante a Ofensiva do Tet de 1968, a división viuse involucrada nun violento combate con elementos do Viet-Cong e do NVA . Despois de seis anos de duro combate, a 1st Marine Division regresou a Camp Pendleton en 1971. En 1975, a división deu apoio á evacuación de Saigón, e suministrou alimentos e refuxio temporal en Camp Pendleton para os refuxiados vietnamitas.
En 1990, a 1st Marine Division formou o núcleo da forza enviada ao Medio Oriente en resposta á invasión iraquí de Kuwait. Durante a Operación Desert Shield, a I MEF deu apoio na defensa de Arabia Saudita á ameaza iraquí. En 1991, a división pasou á ofensiva co resto de forzas da coalición na Operación Desert Storm. En 100 horas de combate terrestre, a 1st Marine Division axudou a liberar Kuwait, tras derrotar ao exército iraquí no proceso. Inmediatamente despois da Guerra del Golfo Pérsico, a División enviou unidades para axudar nos esforzos de socorro tras un tifón en Bangladesh (Operation Sea Angel) e a erupción do volcán Monte Pinatubo nas Filipinas (Operation Fiery Vigil). En decembro de 1992, a Operation Restore Hope en Somalia iniciouse co desembarco anfibio da 15 MEU . Máis de 15.000 toneladas métricas de alimentos foron distribuídas durante a operación. A implicación dos Marines terminou oficialmente o 27 de abril de 1993, cando o sector da axuda humanitaria de Mogadiscio foi entregado ás Forzas Armadas paquistanís.
A 1st Marine Division, entonces baixo o mando do Major General James Mattis, foi unha das dúas principais forzas terrestres estadounidenses que participaron na Operation Iraqui Freedom en 2003 como compoñente terrestre da I MEF. En decembro de 2002, MajGen Mattis foi citado dicindo: "O Presidente e o povo estadounidense necesita velocidade. Canto antes acabemos co inimigo, mellor. O noso principio fundamental será a velocidade, a velocidade e a veolocidade”. Nun principio, a división loitou a través dos campos petrolíferos de Rumaila, amagando un ataque cara Basora. Logo, trasladouse cara o norte pola estada 1 a Un Nasariyah. A división entonces abriuse paso cara Bagdad e empurrou máis para asegurar Tikrit mediante a formación da Task Force Trípoli despois da caída de Bagdad. A división cubriu 808 quilometros en 17 días de combate continuo, a operación más profunda terra adentro na historia do Corpo. Despois da invasión, a división estableceuse para levar a cabo operación de seguridade e estabilización en Bagdad e Tikrit, e, a continuación, no centro-sur de Iraq desde maio a outubro de 2003. Polas accións durante a guerra como parte da I MEF adxudicóuselle a novena cita presidencial á Divisón. A división regresou a Iraq en febreiro de 2004 e tomou o control da provincia de Al Anbar, no oeste de Iraq, sendo a unidade principal na Operación Vigilant Resolve e na Operación Phantom Fury en 2004. Durante febreiro e marzo de 2005, a división foi relevada pola 2nd Marine Division. En 2006, a división foi enviada de novo a Irak á provincia de Al Anbar. Volveu a Camp Pendleton a principios de 2007.
Batallóns da 1st Marine Division foron despregados en Afganistán desde 2008. Tomou o mando de todas as fuerzas dos Marines en marzo de 2010 na provincia de Helmand en apoio da Operation Enduring Freedom. Será un despregue dun ano de duración para a división.

• Insignia
A insignia da manga do ombro da 1st Marine Division foi deseñada polo Tenente Coronel Merrill Twining, mentras a división estaba estacionada en Victoria, Australia. O diamante azul é similar á bandeira de Victoria. O número vermello no centro denota a primeira acción da división en Guadalcanal.



_________________
Alá imos rapazes, o primeiro em chegar e matar aos malos, ronda de birra de grátis...
avatar
Gherri
Nimrod Cell
Nimrod Cell

Mensajes : 470
Fecha de inscripción : 19/05/2010
Localización : Campus Stellae, Gallecia

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.